Terra Nomeada
XEOREFERENCIACIÓN | DESEÑO DE MAPAS | TOPONIMIA
Con esta colección de obras, a Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica pretenden recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia, dun xeito divulgativo e ameno para axudar a coñecer a nosa historia e o noso patrimonio cultural.
No marco destes traballos, elaboramos mapas da toponimia dos concellos de Agolada, Begonte, Rábade, Trabada, A Estrada, Ames e Carballo.