Áreas Mariñas Protexidas
DESEÑO DE MAPAS | MAPA INTERACTIVO
O proxecto “Bigger and Better Marine Protected Areas” de Coastwatch e Irish Wildlife Trust ten como obxectivo acadar a protección do 10% das áreas mariñas de Irlanda en 2020 e o 30% en 2030 tal e como foi comprometido (Convention on Biological Diversity) e como xa conseguiron outros países da UE. O proxecto tamén intenta promover un cambio de modelo para pasar de “parques de papel” a espazos cunha protección e xestión efectivas, ó tempo que se leva a cabo unha campaña de concienciación.
Os espazos mariños protexidos son unha ferramenta de probada eficacia para a restauración dos ecosistemas e contribúen a pesca sostible e á mitigación do cambio climático.
Na primeira fase do proxecto catalogáronse e cartografáronse as Áreas Mariñas Protexidas (MPA) existentes, que actualmente só supoñen un 2% da área mariña de Irlanda. Así, elaboramos tres mapas imprimibles e un xeovisor.