Incendios forestais por municipio
XEOVISOR | MAPA INTERACTIVO
Os lumes son un elemento omnipresente na realidade de Galicia. Aquí ten lugar o 39% de todos os incendios ocorridos en España entre 2001 e 2014. A causalidade é igualmente singular: tres de cada catro incendios son intencionados, segundo datos oficiais do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente.
A problemática dos incendios forestais en Galicia non terá solución se non se levan a cabo políticas a longo prazo para transformar a xestión do territorio rural no seu conxunto.
O seguinte xeoviosor presenta datos sobre a frecuencia de sinistros por concello para o período 2001-2014, con información sobre o número de focos e incendios, así como sobre a superficie forestal afectada.
Fonte: Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente