skip to Main Content

Mapas da campaña "Coastwatch Survey"

DESEÑO DE MAPAS | MONITORIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Como parte da campaña “Coastwatch Survey”, cada outono, en Irlanda, voluntarios de toda condición inspeccionan tramos de 500m de costa recollendo datos sobre a tipoloxía da zona, biodiversidade, tipos e abundancia de residuos, especies invasoras, cambios observados, etc. A información é recadada mediante un cuestionario estruturado que permite a análise dos datos e a elaboración de informes anuais onde se examina o estado do litoral e se identifican os principais recursos e problemáticas co obxectivo de informar e concienciar ó público e de traballar coas administracións para propoñen accións e solucións.

Unha parte fundamental da análise de resultados é a elaboración de mapas cos achados dos voluntarios. A continuación preséntanse algúns exemplos dos máis de corenta mapas producidos para a campaña de 2019.

Mapas de nitratos, residuos plásticos contabilizados, medusas e residuos de pesca

Back To Top