skip to Main Content

Fichas de identificación de medusas

MATERIAL DIVULGATIVO | FICHAS DE IDENTIFICACIÓN

Existen máis de duascentas especies de medusas (ou augamares), seis das cales se poden atopar frecuentemente no entorno das  illas británicas. Durante as últimas dúas décadas, disparáronse as poboacións mundiais destes animais mariños. Investigacións recentes revelan que este aumento pode estar relacionado coa actividade humana.

Unha das principais causas é o quentamento dos océanos xa que, a diferenza de moitas especies mariñas, as medusas poden prosperar en augas máis cálidas e con menos osíxeno. A isto contribúe a sobrepesca dos seus depredadores naturais, como as tartarugas e os tiburóns.

Como parte dunha campaña de Coastwatch Europe para concienciar sobre esta problemática e formar ó publico para que poida identificar e monitorizar estes animais, elaboráronse unha serie de fichas que tamén proporcionan información sobre o nivel de toxicidade das células urticantes presentes nos tentáculos.

Back To Top